Comisión da Romaría 2008
Presidente: Ángel Soliño González
Secretario: José Fernández Rial
Vicesecretario: Fernando Fernández Rial
Tesoureiro: Cándido Soliño Lodeiro

Contramestre:

Francisco Fernández
Vogais: David Martínez Rial
Olga Fernández Sotelo
Luis Entenza González
Ángel Piñeiro Fernández
Ana Taboada Dacosta
Luisa Prado Pichel
Juan Casás Rodríguez
Ruca Fernández Rial
José Barreiro Hermelo
Pacucho Fernández Rial
Albino Fontán Broullón
Ángel Nogueira Graña
Jesús Paredes Soliño
Adolfo Rial
Coordinador: Lois Guimeráns Rial
Comisión da Romaría 2008
Saúda do Presidente

Querida parroquia, xa estamos outra vez no mes de setembro, no que celebramos a festa da nosa patroa a Virxe de Darbo, uns días moi especiais para todos nos.

            Esta comisión dalle a benvida a todas aquelas xentes que veñen das nosas parroquias veciñas e de toda a xeografía de Galicia, mesmo de España enteira; e especialmente dámoslle a benvida e agradecementos aos nosos veciños pola súa colaboración e gratitude posto que se non fose pola súa  inestimable axuda sería imposible seguir adiante e evitar, deste xeito, que se perda esta Gran Romaría; xa que é a ilusión de todos nos, pequenos, mozos e maiores. Cultura e tradición van da man da alegría e da pasión.

            Non quero despedirme sen antes recordar a todos aqueles que non se atopan entre nós, ben por traballo, ben por circunstancias da vida. Espero que estes días entre a felicidade en todos os fogares.

            Por último, agradecer ás entidades públicas, Deputación e Concello de Cangas, e ás empresas privadas que colaboraron desinteresadamente para que esta Gran Romaría non se perda.

            Grazas a todos en nome de toda a comisión.

            Un Saúdo.

Angel Soliño González
Presidente da Comisión de Festas