Unha maré de palabras I
Contribución ao léxico do Morrazo
Frases feitas
 

Facer achas:
 ser o mellor con diferenza, triunfar claramente.

Facer a bandeira española:
dar a alguén un golpe na nariz que llo faga sangrar.

Coller o barco pola proa:
facer algo no límite de tempo, andar a correr.
Ir o barco ás pedras:
ir mal un proxecto ou unha acción.
Facer Ferrol con Cartagena:
ser o millor con diferenza, triunfar claramente.
Meter a bordo sen bicheiro:
enganar intencionadamente a alguén.
Cheirar a caramuxo :
cheirar mal, xeralmente por falta de hixiene corporal.
Andan os carpinteiros a preparar as pipas:
dise cando se oen tronos.
Nin chica nin pataco:
nada de nada.
Cheiralle o cu a chamusco:
atoparse apurado

Ir cun ganapán a coller a lúa ao Facho:
pretender facer algo imposible, aspirar a moito.

Ese home! :
expresión apelativa usada para chamar a atención.

Botar a hora:
 pasar certo tempo coa noiva en determinados días da semana.

Ir cagar detrás da illa:
úsase especialmente cando non marcha moi lonxe.

Andar a rachar leña:
expresión utilizada cando a alguén lle entra o sono.

Mirar para dentro :
durmir

Na patela:
úsase cando se consegue algo de xeito inesperado.

Hai peixe na ría:
expresión usada cando alguén rasca no cu.

Estar coma unha quenlla:
estar alto e delgado.

Traballar para a Torre:
traballar gratuitamente (refírese á Torre do Pazo de Aldán)

Máis verde que o xaro:
froita moi verde.

Levar zoques :
ir moi lentamente, tardar en resolverse un asunto.